Experiencia Profesional
ADMINISTRACION LOCAL: Posúo un alto coñecemento e experiencia no funcionamento da
Administración local por haber traballado durante varios anos para o Concello de Betanzos. Dous deles,
2003/2004, intensamente en funcións relacionadas exclusivamente coa Xestión Urbanística. Redacto
informes técnico-urbanísticos e coñezo razoablemente a lexislación de Réxime local.
TÉCNICA: Coñezo pormenorizadamente a lexislación técnico-constructiva e técnico-urbanística. Teño
participado con habitualidade en diversos cursos sobre normativas técnicas. Actualmente en proceso de
adaptación á normativa emanada do Código Técnico da Edificación (C.T.E.) en implantación.
Coñezo e sei analizar todas as partes do Proxecto Básico e de Execución, de urbanización,
equidistribucións, etc.; procesos de visado colexial; competencias profesionais; diferencións obra maior e
menor, actividades molestas e insalubres, etc.
VALORACIONS e TASACIONS: Posúo un alto coñecemento e experiencia na redacción de Valoracións e
Tasacións despois de realizar nestes anos funcións de apoio para diversas sociedades de Tasación
hipotecaria e xudicial.
PERICIAL: Redacto informes de pericia e, en calidade de membro nº 67 da Agrupación de Arquitectos
Técnicos Peritos Xudiciais de Galicia, realizo multitude de informes de pericia neutra (xudicial) e “de parte”
para particulares e administracións dentro do ámbito da Administración de Xustiza.
DOCENTE: Impartín clases de Bacharelato e unha asinatura –Debuxo Técnico e xeometría descriptivada
carreira universitaria durante varios anos en Academias privadas. Actualmente realizo con
habitualidade sustitucións de Secundaria en asinaturas relacionadas co ciclo superior de “construccións
civís e edificación”. Número seis da lista de Sustitucións do “Ciclo Superior de Construccións Civís” e
edificación” da Consellería de Educación.
|